■ USC · ETSE · 2026

HackathonETSE

ideas que transforman

Mascota do Hackathon ETSE: un ordenador retro sorrinte que saúda
XOVES22 outubro12:00 — 20:00h
■ Participantes

Quen pode participar?

Comunidade universitaria da USC, preferentemente alumnado de primeiro, segundo e terceiro curso das titulacións de:

ETSE

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Facultade de Física

∑ π ∞

Facultade de Matemáticas

+

Outras facultades e escolas da USC

■ Cando e onde
xoves22outubro
12:00 → 20:00h☕ PAUSAS INCLUÍDAS

Pausas para café e aperitivo incluídas e gratuítas.

00Días
00Horas
00Min
00Seg
Escola Técnica Superior de Enxeñaría — ETSERúa de Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela
■ Modalidade

Unha soa, para todos

PROGRAMACIÓN CON IA

Vibe coding

Comezamos cunha pequena formación e, por equipos e con tema libre, desenvolvedes a aplicación que queirades.

Aberta a todas as titulacións

  • Non fai falta saber informática
  • Pequena formación ao comezo
  • Equipos de 2 a 5 (ideal 4) · tema libre
■ Programa

Como será o día?

  1. 0112:00

    Benvida

    Recepción e formación de equipos.

  2. 02

    Formación de vibe coding

    Unha pequena formación para programar con IA.

  3. 03

    Hackeando por equipos

    Tema libre: desenvolvede a vosa aplicación. Con café e aperitivo.

  4. 04

    Exposición de proxectos

    Cada equipo presenta o que construíu.

  5. 0519:00

    Premios e catering

    Entrega de premios e peche da xornada.

■ Motivos

Por que participar?

  1. 01para impulsar o teu talento
  2. 02desenvolver o teu espírito emprendedor
  3. 03conectar con persoas inspiradoras
  4. 04vivir unha experiencia práctica e divertida
  5. 05deseñar solucións con impacto real
  6. 06e conseguir 1 crédito universitario
1
■ Recoñecemento

Consegue 1 crédito universitario!

Sumando a participación neste Hackathon a outra actividade de USC EMPRENDE.

■ FAQs

Preguntas frecuentes

Todo o que nos estades preguntando, nun só sitio.

É como o Impacthon?

A idea é parecida, pero máis curta: é unha soa xornada, de 12:00 a 20:00h. Haberá unha pequena formación de vibe coding, tempo para desenvolver por equipos, exposición dos proxectos, premios e catering.

Hai retos? Que temos que facer?

Non hai retos: o tema é libre. Cada equipo desenvolve a aplicación ou proxecto que queira.

Necesito saber programar?

Non. Ao comezo haberá unha pequena formación de vibe coding (programación con IA) para que calquera poida construír o seu proxecto.

De cantas persoas son os equipos? Podo ir sen equipo?

Os equipos son de 2 a 5 persoas; recomendamos 4. Podes inscribirte co teu equipo xa formado ou ir só/soa e formar equipo alí.

Que teño que levar?

O teu portátil. Do resto (café, aperitivo e catering) encargámonos nós.

Ten algún custo?

Non, a participación é totalmente gratuíta, e as pausas para café, o aperitivo e o catering tamén.

Hai premios?

Si! Haberá premios para os mellores proxectos. Anunciarémolos moi pronto.

Como consigo o crédito universitario?

Sumando a participación neste Hackathon a outra actividade de USC Emprende conseguirás 1 crédito universitario.

Ata cando podo inscribirme?

Tes ata o 21/10/2026.

■ Inscritos · datos do 20.10

Xa somos98

Recibimos 104 respostas no formulario. Contando cada persoa unha soa vez, quedan 98. Cada punto de aquí abaixo é unha delas.

Máis do 90 % vén das titulacións da ETSE.

■ Cando vos apuntastes

O 19 de outubro, en masa

45
10
44
13–15 outa primeira onda
16–18 outcase parado
19 outnun só día
■ Idade
19–20anos é a idade mediana
18
19
20
21
22
23
24
25
26

O 84 % ten entre 18 e 21 anos.

■ Por que vindes

Sobre todo, a aprender

  • Aprender ou mellorar30
  • Experiencia ou reto19
  • Curiosidade ou primeiro hackathon18
  • Diversión e ganas15
  • O crédito9
  • Coñecer xente ou vir con amizades8

Respostas libres agrupadas por temas: unha pode contar en varios. 21 persoas deixárono en branco.

Tomamos notaIntentaremos estar á altura das vosas expectativas.
■ Organizan
OSIX Tech
Google Developer GroupsSantiago de Compostela
■ Co apoio de
  • USC Emprende — Universidade de Santiago de Compostela
  • AVTE — Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Santiago